O Concello de Lugo porá en marcha o quinto Centro de Dinamización Social do Rural

Venres, 20 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello aposta pola descentralización de servizos e pola igualdade de dereitos entre todos os veciños e veciñas

Esta tarde abre un novo Centro de Dinamización en Calde

O Concello de Lugo aposta decididamente pola descentralización de servizos, e por achegar as súas propostas e actividades á zona rural, por iso fomenta e colabora na posta en marcha de Centros de Dinamización Social.

Este Goberno aposta por fortalecer os lazos veciñais, por propiciar a posta en marcha de locais de encontro e de lecer que garantan unha boa calidade de vida para os lucenses da zona urbana e rural. A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, indicou que “así o levamos facendo nos últimos anos, facendo centros nos que os veciños e veciñas podan pasar o tempo e propiciando que as persoas do rural de todas as idades se relacionen entre si”.

O Alcalde de Lugo asumiu un compromiso cando chegou a esta Alcaldía e que foi garantizar igualdade de dereitos a todas e todos os veciños fosen da zona que fosen, do norte, do sur, do centro ou do rural.

Na actualidade, están en marcha tres: Coeses, San Xoán de Campo e Bóveda. A Concelleira mostrouse encantada coa posta en marcha destes centros xa que “moven e unen á cidade”.

Centro de Dinamizacion de Bóveda

Escolas Rurais: Centros de Dinamización Social
O Fondo Estatal de Investimentos Locais recolle o orzamento para a rehabilitación dun cuarto: Santa Comba, proxecto que foi presentado pola Concelleira .

Centro de Dinamizacion de Santa Comba

A Escola de Santa Comba, pertence a un programa de construción de escolas unitarias dos anos sesenta. Na actualidade emprégase como local da parroquia, pero é precisa unha rehabilitación. Grazas ao Fondo Estatal de Investimentos Locais que recolle unha partida de 200.000 euros que o Concello de Lugo destina a esta obra, é posible iniciala antes do previsto.

Centro de Dinamización Social de Santa Comba
Conta con planta baixa e planta primeira.

-Na Planta baixa:
Ten dúas aulas
Aula 1.- 42,41 m2
Aula 2.- 55,98 m2
1 Almacén.- 8,8 m2
1 Baño accesible.- 5´67 m2
1 Vestíbulo.-  3,70 m2
1 Recibidor.- 6´81 m2
Total metros cadrados útiles é de 130´28 m2

-Na planta 1:
Ten dúas aulas máis
Aula 1.- 54´35 m2
Aula 2.- 32´33 m2
A Cociña 11´55 m2
Dous Aseos (de 4´14 m2 e de 4´06 m2)
1 Vestíbulo 3´29 m2
Total m útiles planta 1.- 123´21 m2

No proxecto decidiuse a eliminación das escaleiras de acceso á primeira planta desde o exterior.

Os acabados da fachada e da cuberta axústanse ás características das edificacións do contorno, un requisito que sempre ten en conta o Concello tratando de garantir que se respecte a estética habitual das nosas parroquias, empregando pizarra para a cubrición e pintura para a fachada. A carpintería exterior será de aluminio lacado cor.

Accesible
Trátase dun local accesible pensado para que sexa empregado sen dificultades polas persoas con mobilidade reducida, a través dunha rampa que permite o paso simultáneo de 2 persoas, unha en cadeira de rodas.  Acabado con pavimento antideslizante.
Os pasillos teñen un ancho mínimo de 1´20 m e dispón dun aseo adaptado na planta baixa

Seis Centros de Dinamizacións
O Concello de Lugo conseguirá que estén en marcha en pouco tempo seis Centro de Dinamización Social. Neste momento está en obras e a piques de rematar San Pedro de Mera

Hoxe, ademais, o Concello de Lugo abre o de Calde e está en proxecto o de Rubiás.

Multimedia

Noticias relacionadas