O Concello de Lugo, pioneiro en España na publicación en braille do programa do San Froilán e a guía de buses urbanos

Martes, 27 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Delegado Territorial da ONCE, Eugenio Ferradás, presentaron o programa oficial do San Froilán e a guía dos buses urbanos en braille -o medio de lectura táctil que empregan as persoas cegas-. Lugo converteuse así no concello pioneiro en Galicia e España en ofrecer este tipo de información en braille. O Concello da un paso máis no seu plan de accesibilidade, facilitando non só a accesibilidade física senón o acceso da información a todos. O Alcalde tamén anunciou que está a preparar coa ONCE novos proxectos.

Estas dúas incorporacións -programa das festas e guía de buses- súmanse ó ambicioso plan iniciado entre o Concello e a ONCE o 28 de novembro do ano pasado. Naquel momento o Concello de Lugo convertíase en pioneiro en España ó anunciar que ía difundir as súas actividades municipais en braille. As primeiras chegaron como estaba previsto, nos primeiros días do ano 2006: actividades de animación sociocultural e diversos ciclos culturais.

San Froilán
Sen embargo, os dous programas que hoxe se presentan son un gran avance. Con respecto ás festas, as persoas cegas teñen o mesmo dereito á diversión e o ocio, e máis por riba ó tratarse dunha Festa de Interese Turístico Nacional. "Hemos transcrito al braille todas las actividades de San Froilán y nuestros afiliados las podrán disfrutar presencialmente y conocer al detalle a través de su método de electro-escritura más fácil. La ciudad de Lugo es un ejemplo para la integración de las personas con discapacidad en general y de las personas ciegas en particular", afirmou Eugenio Ferradás.

O Delegado Territorial da ONCE subraiou especialmente a "sensibilidade do Alcalde de Lugo coas persoas con discapacidade" e agradeceu a súa proximidade en todo momento. Tamén agradeceu a traxectoria da institución municipal ó longo dos últimos anos: "este Ayuntamiento ha dado muestras sobradas a lo largo de estos años a favor de la accesibilidad. Quiero expresar mi sincero agradecimiento y mi mejor enhorabuena por esa actitud permanente en beneficio de todos los ciudadanos de esta capital, incluidos los 300 ciegos de nuestra entidad que diariamente tienen contacto con Lugo".

Guía de buses
Con respecto á guía de buses, coas liñas, horarios, itinerarios e paradas supón tamén un salto de xigante nesta carreira pola igualdade de dereitos. As persoas cegas gañarán notablemente na súa autonomía e liberdade de movemento con esta completa guía en braille.

"Temos que ter a cidade sen barreiras arquitectónicas. Para nós é unha obriga. Grazas a esta colaboración coa ONCE, Lugo é máis moderna e accesible", dixo o Alcalde, quen brindou un dobre agradecemento á ONCE xa que, como é habitual, "tamén neste caso o Concello remitiu á ONCE a información e ésta foi a encargada de traducila ó braille sen ningún custe para as arcas municipais".

Como curiosidade, desde que se anunciou que se ía presentar o San Froilán en braille, o Concello xa rexistrou varias peticións doutros organismos de turismo debido ó interese espertado.

Outras cifras de accesibilidade no municipio:

  • O Concello de Lugo xestionou nos últimos tres anos, desde finais do 2003 a día de hoxe, 1.030.000 euros en obras de accesibilidade, principalmente en traballos viarios, colocación de semáforos acústicos e reformas en edificios.
  • Os fondos procederon dos orzamentos municipais, IMSERSO e ONCE.
  • A asociación Auxilia elaborou un informe de accesibilidade que o Concello incluirá no proxecto europeo Pagus para introducir a Lugo no turismo accesible.
  • Noticias relacionadas