O Concello de Lugo organiza un sentido homenaxe a Luisa Zarzuela para rememorar o seu legado

Venres, 17 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo organiza un sentido homenaxe a Luisa Zarzuela para rememorar o seu legado

O Concello de Lugo organizaba esta tarde, no Xardín das Lembranzas, un acto en honor á ex edil Luisa Zarzuela para rememorar o seu legado político.

Por decisión da súa familia, parte dos restos da ex concelleira quedarán no cemiterio de San Froilán, escenario escollido para renderlle hoxe unha sentida homenaxe.

A alcaldesa, Lara Méndez, destacou a “xenerosidade e afouteza” de Zarzuela á que definiu como unha “loitadora infatigable a prol dos dereitos sociais e da muller”.

A rexedora lembrou tamén a importante herdanza que deixa a todas e todos os lucences, “á que lle debemos a posta en marcha de servizos hoxe aínda tan estimados pola veciñanza como o de atención cidadá 010, a creación dos almorzos saudables, a organización das primeiras Ludus Party e mesmo a posta en valor do cemiterio e a súa modernización onde agora descansarán, para sempre, os seus restos”.

Ademais de Lara Méndez no acto, no que estiveron presentes o resto de membros da Corporación, interviron o ex alcalde Xosé Clemente López Orozco e un representante da súa familia.

Noticias relacionadas