- Tema
Os servizos municipais atenderon a un total de 1305 persoas inmigrantes e emigrantes retornados
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presentou esta mañá o programa de actividades do III Encontro das Culturas organizado pola súa Concellería e que terá lugar do 22 ao 28 de marzo.
A Concelleira indicou que o obxectivo é promover a inserción das persoas inmigrantes na cidade de Lugo.
Basadre explicou que no ano 2009 a Oficina de Inmigración do Concello atendeu a un total de 1.305 persoas, principalmente en relación de emerxencia social, infomes de arraigo, solicitude da RISGA, axudas con trámites de documentación e elaboráronse 95 informes de reagrupamentos familiares.
En canto as persoas atendidas segundo a idade os datos facilitados pola Concelleira foron os seguintes:
- Entre 0 e 16 anos: 8 inmigrantes.
- Entre 17 e 29 anos: 461 inmigrantes.
- Entre 30 e 64 anos: 811 inmigrantes e 5 emigrantes.
- De máis de 65 anos: 9 inmigrantes e 11 emigrantes.
A maioría das persoas atendidas, o 65% , foron mulleres e segundo a súa procedencia: colombianos, brasileiros, marroquís, arxentinos, cubanos...
A Concelleira tamén fixo referencia aos inmigrantes dados de alta no padrón municipal e que suman 1319 no 2009 e 744 baixas, en canto aos emigrantes foron 62 os dados de alta e 51 de baixa.
Todas estas persoas tiveron a súa disposición os servizos de asesoramento social (en todos os centros municipais), xurídica (nas oficinas dos Servizos Sociais municipais) e laboral.
O programa de actividades será o seguinte:
ACTIVIDADES III ENCONTRO DAS CULTURAS
22- 28 DE MARZO 2010
LUNS 22
- Charla: “Administración local e inmigración. Modificacións na normativa de estranxeiría.” Impartida por Isabel Ozores Sieira , asesora xurídica da Oficina de Atención a persoas inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Lugo.
Centro Convivencia da Milagrosa. 11:15 horas.
-“Viaxe a través da gastronomía: Receita de cociña árabe”. Escola de hostalería “Sanxillao” 17:00- 19:00 horas.
MARTES 23
- “Viaxe a través da gastronomía: Receita de cociña colombiana”.Escola de hostalería “Sanxillao” 17:00- 19:00 horas.
MÉRCORES 24
- “Viaxando a través do baile: Arxentina e o tango” Centro de convivencia da Milagrosa. 18:30- 20:00 horas.
Ó remate, degustación de té árabe coa colaboración da Asociación de Marroquíes “Integración”.
XOVES 25
- Charla: “Violencia de xénero: detección e recursos” impartida por Verónica Eiravella Barreira. Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno de Lugo. Centro de Convivencia da Milagrosa. 10.00 horas.
- “Viaxando a través do baile: Arxentina e o tango”. Centro de Convivencia da Milagrosa. 18:30- 20:00 horas.
VENRES 26
- “Viaxando a través do baile. Danza oriental” Centro de convivencia Maruja Mallo. 16:30- 18:30 horas.
SÁBADO 27
- “Viaxando a través do baile: A India e o Bollywood” Centro de Convivencia Maruja Mallo. 18:00- 20:00 horas.
DO LUNS 22 Ó VENRES 26
ﻜﻭﺭﺲﺍﻟﻌﺮﺑﻴﺔ : Obradoiro de iniciación á lingua e cultura árabes. Casa das linguas (Estrada da Granxa) 17:00- 19:00 horas.
DOMINGO 28
- Concerto “Viaxe a través da música” con: Banda de gaitas (GALICIA) “Niños del Senegal” (SENEGAL), “Black Bum” (BRASIL), coa colaboración especial do Mago Rafa. Presentado por José Areñas. Auditorio Gustavo Freire a partir das 19:00 horas.
Ciclo Intercultural Infantil. Viaxe a través do Xogo.
(de 8 a 16 anos)
VENRES 26
Contacontos Solidarios con Anxo Moure. Centro Convivencia A Milagrosa. A partir das 18:00.
SÁBADO 27
Obradoiros Interculturais I: “Coñece o mundo, coñece outras culturas”. Centro Convivencia da Milagrosa 10:00- 11:30 horas.
Obradoiros Interculturais II: Xogos do Mundo. Centro de Convivencia A Milagrosa 10:30-13:00 horas.
Para participar nas actividades (agás no concerto do día 28 de marzo) é necesaria inscrición previa (dende o 15 de marzo ata cubrir prazas) no Centro de Convivencia A Milagrosa ou chamando ó teléfono 982.29.74.10. Tódalas actividades son de carácter gratuíto.
Ver o díptico informativo: III Encontro das Culturas