O Concello de Lugo limpa un vertedoiro ilegal na Parroquia de Ombreiro tras a denuncia dos veciños e veciñas

Lembrar que o servizo de recollida de residuos que presta o Concello de Lugo é totalmente gratuíto.

Xoves, 30 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo limpa un vertedoiro ilegal na Parroquia de Ombreiro tras a denuncia dos veciños e veciñas

Medio Ambiente e Rural informan que tras recibir a denuncia dos veciños e veciñas na Parroquia de Ombreiro  dun vertedorio ilegal nas proximidades, deron orde ao servizo de limpeza e dende hoxe, segundo informan ditas concellerias a zona esta limpa. Nese mesmo momento comprobouse que non se recibira ningunha petición a través do servizo de recollida de residuos que presta a entidade local en todo o término municipal, tanto na cidade como na zona rural.

Ditas concellerías lembra que o servizo de recollida de residuos que presta o Concello de Lugo é totalmente gratuíto e pódese solicitar a través dunha chamada ao teléfono de Urbaser, 982-25-44-83. Unha vez se recibe a a petición, o servizo indícalle ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles ou enseres dos que que se queira desfacer. A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade para o que se precisa un vehículo específico. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación a demanda.

A área de Medio Ambiente ten en marcha este servizo, que é cada vez máis demandado, para que os veciños e veciñas poidan desfacerse de aqueles mobles ou enseres que xa non necesitan e para evitar o impacto visual nas rúas ou parroquias polo abandono deste tipo de residuos. Dando prioridade ás peticións que se realizan seguindo este procedemento e atendendo a continuación o resto de incidencias non notificadas e das que da conta o propio servizo de recollida.

A maiores deste servizo, a cidadanía de Lugo tamén poden levar os seus mobles e enseres vellos particularmente e de xeito totalmente gratuíto ao Punto limpo do Concello, teléfono 982-20-95-60, que está situado no polígono do Ceao, na Rúa dos Carros.O horario de apertura é deluns a sábados, de 10:30 a 13:00 e de 16:00 a 20:00. Pódese acceder con vehículo propio para depositar unha gran variedade de residuos domésticos.

O Servizo de Medio Ambiente encárgase da xestión ambiental municipal e ten como obxectivo mellorar as condicións ambientais no municipio e lograr un uso racional dos recursos, tendo como principais funcións as seguintes:

  • Recollida e xestión dos residuos xerados no ámbito domiciliario.
  • Realización da limpeza viaria na cidade.
  • Creación e mantemento de parques, xardíns e zonas verdes.
  • Xestión do ciclo da auga.
  • Realización de campañas de sensibilización ambiental.

Actuacións administrativas relacionadas coa tenza de animais, co Plan Especial de Protección do Río Miño (PEPRIM) e coa implantación no Concello de Lugo da Axenda 21.

Multimedia

  • O Concello de Lugo limpa un vertedoiro ilegal na zona de  Marques de Ombreiro tras a denuncia dos veciños e veciñas

Noticias relacionadas