O Concello de Lugo lembra ás PEMES, persoas autónomas e entidades sociais que teñen ata o 30 de xuño para participar no Programa Accedemos de apoio á creación de emprego

A iniciativa impulsada pola Fundación MAPFRE e a Fundación Konecta, coas que o Concello de Lugo ven colaborando en diferentes proxectos sociais, concede 450 axudas a para custear a nómina de persoas contratadas a partir do 1 de xaneiro de 2024.

As solicitudes para esta liña de apoio económico a fondo perdido poderán presentarse na web www.fundacionmapfre.org.

Sábado, 15 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo lembra ás pequenas e medianas empresas (PEMES), autónomos e entidades lucenses que aínda está aberto o prazo para que participen no Programa Accedemos. As solicitudes para esta iniciativa,  impulsada pola Fundación MAPFRE e a Fundación Konecta, coas que o Concello de Lugo ven colaborando en diferentes proxectos sociais, poderán presentarse ata o vindeiro 30 de xuño.

A iniciativa ten como obxectivo apoiar a creación de emprego mediante a concesión de doazóns a fondo perdido, de ata 515 euros ao mes, para custear a nómina de persoas contratadas a partir do 1 de xaneiro de 2024, durante un período de 9 meses.

O Programa Accedemos dispón dun total de 450 axudas para novos contratos de traballo indefinidos ou de formación en alternancia e as persoas ou entidades beneficiarias poderán acceder ás liñas de apoio económico que estarán dotadas das seguintes contías mensuais:

  • Xornada completa: 515 euros ao mes.
  • Xornada parcial (mínimo 20 horas): 310 euros ao mes.

O executivo de Paula Alvarellos e as entidades promotoras do programa comparten o obxectivo da creación de novos empregos en pequenas e medianas empresas, e facilitar a incorporación ao mercado laboral dos perfís con maiores dificultades para a súa contratación.

O Concello de Lugo considera que esta iniciativa é unha oportunidade excelente para fortalecer o tecido empresarial local, fomentar a contratación e mellorar a situación laboral de moitos cidadáns. Por iso, convida a todas as PEMES, autónomos e entidades do municipio a informarse e participar neste programa.

Para obter máis información e presentar solicitudes, os interesados poden dirixirse ás páxinas web da Fundación Konecta e da Fundación Mapfre ou contactar co servizo de atención ao cidadán do Concello de Lugo.

Noticias relacionadas