O alcalde supervisou a marchas das obras neste espazo, de 30 metros ao carón do centro de saúde, que estará perimetrado e contará con cinco xogos e unha torre múltiple.
Xunto á edil de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, puxo en valor “o avance que este tipo de zonas infantís supoñen para a modernización e a convivencia do barrio”.
Este parque se suma ás outras 83 áreas recreativas que hai en distintos barrios da cidade, nos que se prima a seguridade e o desenvolvemento cognitivo e físico.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, xunto á concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, supervisou esta mañá a marcha das obras de remodelación do parque infantil do polígono do Sagrado Corazón, no que o Concello de Lugo investirá preto de 100.000 euros. Trátase dun espazo de xogos duns 30 metros de largo, que ocupa practicamente o ancho da rúa paralela ao centro de saúde do Sagrado Corazón, e que estará perimetrado e valado, cun dous accesos e con cinco xogos e unha infraestrutura de torre múltiple. Miguel Fernández, puxo en valor “o avance que esta zona infantil supón para a modernización e a convivencia no barrio”, ao tempo que lembrou que “este parque se suma aos outros 83 áreas recreativas que hai na cidade, e que no caso das zonas infantís se prima a seguridade e o desenvolvemento cognitivo e físico das nenas e nenos”. O prazo de execución para esta actuación é de aproximadamente un mes.
O remodelado parque constará dunha estrutura ou torre múltiple, con tobogán, pasarela, ponte, túnel, ramplas e redes de escalada e paneis lúdicos, ademais doutros cinco xogos para dotar ao parque de tobogán, balancíns tanto de dúas prazas como individual, escaleira en arco grande e columpio con cesta. Co obxectivo de salvar o desnivel da propia rúa, o parque presenta varios elementos integrados como un tobogán, unha zona de escaleiras e unha rampla de escalada con presas.
A seguridade, confortabilidade e durabilidade do solo coidouse ao máximo e por iso instalarase un pavimento de caucho continuo, con revestimento decorativo, respectuoso co medio ambiente e con propiedades antiescorregadizas e outras características técnicas que garanten unha longa durabilidade e boa resposta ao uso á intemperie. Ademais, todos os elementos que conforman esta área recreativa situada na zona norte da cidade seguen a liña dos outros parques da cidade, con xogos fabricados con materiais reciclados e pouco contaminantes, que tamén teñen a capacidade de integrarse na paisaxe urbana dos distintos barrios.
Unha cidade con 84 áreas recreativas
Coa próxima entrada en funcionamento do renovado parque infantil do Sagrado Corazón, o Goberno Local segue a renovar e mellorar as 84 áreas recreativas que hai na cidade, entre parques infantís e áreas recreativas. Estas infraestruturas requiren dun importante labor de mantemento, conservación e reposición, que na última década supuxo unha inversión de máis de 1,7 millóns de euros en 18 parques infantís. Así, con este orzamento creouse un novo parque na Praza de Bretaña; ampliáronse outros, como o de Albeiros; se cubriron os da praza do Agro do Rolo e Augas Férreas, e se renovaron outros 14, entre eles Gallego Tato, Praza do Castiñeiro, Campo Castelo, Milagrosa, Parque de Rosalía, Aquilino Iglesias Alvariño, Novo Freire, Avenida das Américas, San Roque ou Montirón, por citar algúns.
Segundo sinalou o alcalde de Lugo, “coa remodelación desta área recreativa seguimos adiante coa posta a punto de espacios de lecer, seguros e cómodos, cos que favorecer o desenvolvemento dos cativos e cativas, o seu crecemento físico e tamén fomentar a súa socialización, mellorando a vida e as relacións entre os veciños e veciñas do barrio”.
Audio
- O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre a remodelación do parque do Sagrado Corazón | Descargar mp3



