O Concello de Lugo e o Boxing Club Cidade de Lugo organizan unha xornada de boxeo

Venres, 30 de xaneiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá, sábado 31 de xaneiro, terá lugar unha xornada de boxeo organizada polo Concello de Lugo e o Boxing Club Cidade de Lugo a partir das 10:30 horas no polideportivo do Palomar.

A competición consistirá en cinco combates de Full Contact e Kick Boxing de recheo e dous fixos de Boxeo Olímpico Amateur nos que participarán, entre outros, os boxeadores lucenses Alberto Piñeiro “Piña”, actual campión de España, e a xoven promesa Iván “Fiera” Martínez.

O obxectivo desta xornada é conseguir un mellor nivel competitivo entre os rapaces que practican boxeo na Escola Municipal de Boxeo e así acadar máis experiencia co fin de obter, aínda, mellores resultados nos vindeiros campionatos galegos e de España nas categorías Junior, Cadete e Senior.

Multimedia

Noticias relacionadas