O Concello de Lugo e Lume B.C. organizan un torneo de prebeisbol

Venres, 23 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, celebra en colaboración con Lume B.C. un torneo de prebeisol-campionato escolar.

A primeira xornada terá lugar mañá sábado 24 de abril de 10.00 a 13.00, e a final será o sábado 1 de maio de 10.30 a 13.00 horas.

Nesta competición participarán equipos de :

- CEIP Luis Pimentel
- CEIP Divino Maestro
- CEIP Rosalía de Castro
- CEIP Albeiros
- CEIP Padres Franciscanos

Os partidos terán lugar nas pistas da cidade cultural e a entrega dos trofeos será o sábado un de maio.

Noticias relacionadas