O Concello de Lugo e a Deputación organizan unha excursión con deportes extremos para a mocidade lucense

Mércores, 07 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude, e a Deputación de Lugo organizan unha excursión incluída dentro do programa Km0 Xtreme.

Esta viaxe, que terá lugar o 15 de abril, está concibida para mozos e mozas lucenses de entre 14 e 30 anos.

Os participantes nesta excursión realizarán a “Ruta Móllate” e disfrutarán dun xantar nun restaurante da Mariña lucense, dunha visita ao Mazo de Santa Comba, e da realización de actividades como vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico.

O Concello oferta un total de 24 prazas e o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro martes 13 de abril. Os interesados en participar poden chamar ao teléfono 982 297 496, ao teléfono de atención á cidadanía 010, ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil do Concello sita no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Noticias relacionadas