O Concello de Lugo celebra o día contra a violencia de xénero reivindicando os dereitos das mulleres

Venres, 22 de novembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e a artista, Luz Darriba, presentaron as actividades que se van a desenvolver o luns 25 de novembro para conmemorar o Día Internacional en contra da Violéncia de Xénero.

A responsable da área de Igualdade manifestou “que as administracións non deben deixar de lado os programas de igualdade e inserción porque poden causar graves consecuencias entre as mulleres que poden ser vítimas de violencia ademais este ano está dirixido ao sector máis xoven das mulleres que viven esta situación”.

González Abelleira explicou o programa que este ano se centra en concenciar á sociedade da importancia de protexer as vítimas de violencia de xénero pero este anos dirixido aos mozos e mozas xa que cada vez se detectan máis casos entre menores de 25 anos.

Así as actividades comezarán o luns ás 11.30 coa entrega dos premios do concurso de fotografía Revelando o machismo e o de deseño gráfico Contra a violencia de xénero. A continuación, ás 12.00 horas, celebrarase a tradicional ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas de violencia ademais da lectura do manifesto diante da árbore da vida na Praza de Santo Domingo.

A partires das 13.30 horas na praza Horta do Seminario, levarase a cabo unha intervención colectiva en contra da violencia de xénero denominada Pedras no camiño que ten como autora á artista Luz Darriba. Neste acto van participar tamén alumnos dos IES Virxe dos Ollos Grandes e do IES Lucus Augusti durante toda a mañá que colocarán pedras simbolicas.  Sobre este acto, Luz Darriba, explicou que “con estas pedras tratamos de simbolizar a cantidade de pedras que unha muller se pode atopar no seu camiño durante o seu desenvolvemento como persoa e especialmente este ano que está un pouco máis enfocado cara a violencia a idades temperás”.

Ademais, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, explicou que durante a última semana deste mes nas ociotecas da cidade levaranse a cabo actividades para os máis pequenos e nos centros de convivencia expoñerase un video en contra da violencia de xénero en colaboración co blog Hombres contra la violencia. O luns e o martes tamén haberá un montaxe na Praza Maior con imaxes e cancións de sensibilización contra a violencia de xénero. Outra das novidades é que os hosteleiros da cidade colaborarán poñendo cancións en contra da violencia ás 00.00 horas do domingo 24 e ás 12.00 horas da mañá do luns 25.

Multimedia

Noticias relacionadas