O Concello convida a descubrir o Camiño Primitivo a través dun paseo artístico este sábado

Todas as persoas interesadas en participar nesta andaina poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo ou no teléfono 982-251-658. A saída terá lugar ás 18:00 horas dende a Praza do Campo

Xoves, 13 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, preparou para este sábado un paseo artístico polo Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio. A saída terá lugar ás 18:00 horas dende a Praza do Campo. O paseo, que durará dúas horas, rematará na Ponte Romana.

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, nas instalacións da Praza do Campo nº11, ou por teléfono, no 982-251-658. As prazas son limitadas a un máximo de 30 persoas.

O obxectivo desta andaina, que se repetirá ao longo do verán, é convidar á descubrir o Camiño Primitivo dende unha perspectiva artística. Dito paseo converterase nun reto creativo para os e ás participantes, que coa súa cámara fotográfica ou dispositivo alternativo poedrán tomar imaxes coas que logo se creará un álbum colectivo.

Noticias relacionadas