O Concello condena a escalada de asasinatos machistas e esixe medidas reais de prevención

O Concello de Lugo expresa a súa total repulsa e condena pola tráxica escalada de asasinatos machistas que se está a producir, que acabou coa vida de 9 mulleres e 4 menores no mes de xullo e no que vai de agosto. Dende comezos deste ano 2015, son 24 mulleres e 8 nenos as vítimas da violencia de xénero.

Venres, 14 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo expresa a súa total repulsa e condena pola tráxica escalada de asasinatos machistas que se está a producir, que acabou coa vida de 9 mulleres e 4 menores no mes de xullo e no que vai de agosto. Dende comezos deste ano 2015, son 24 mulleres e 8 nenos as vítimas da violencia de xénero.

A entidade local manifesta a súa solidariedade e afecto aos familiares e amigos das vitimas e, ante esta gravísima situación, fai un chamamento á concienciación cidadá para loitar entre todos contra esta intolerable lacra social, ademais de “reivindicar a implicación decidida de todas as institucións, políticas, xudiciais e policiais, para erradicar dunha vez por todas o terrorismo machista”, subliñou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira.

O Concello esixe aos Gobernos galego e central medidas reais de prevención, o amparo ás mulleres que denuncian aos seus maltratadores e o incremento de medios e recursos para combater a violencia de xénero. En definitiva, que “esta loita volva a situarse como unha prioridade”, indicou a edil.

Audio 

  • Declaracións da concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, sobre os numerosos casos de violencia de xénero que están a acontecer |Descargar mp3

Noticias relacionadas