O Concello colabora con Bico de Leite na Semana Mundial da Lactación Materna

Xoves, 25 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e a representante da Asociación Lucense pro Lactancia Materna Bico de Leite,  Rosana López , presentaron hoxe as actividades da Semana Mundial da Lactación Materna que este ano terá como lema “Apoio á nai: construindo o éxito” e terá lugar a primeira semana de outubro.

A Concelleira resaltou o importante que é o apoio de toda a sociedade, familia, sanitarios, grupos de apoio, institucións, trabajo, etc… para acadar unha lactancia satisfacctoria. Basadre indicou que “é moi importante fomentar a lactancia materna xa que o leite das nais protexe aos nenos e nenas de moitas infeccións.” Por iso durante as festas de San Froilán grazas a colaboración do Concello de Lugo, instalarase a zona de lactancia na entrada do parque de Rosalía ao carón de Protección Civil.

O venres 3 de outubro celebrarase unha mesa redonda sobre o lema deste ano: “Apoio ás nais na lactación materna” no salón de actos do Centro Social Municipal Uxío Novoneyra ás 7 da tarde. Neste foro participarán unha pediatra de atención primaira, unha traballadora social e coordinadora no grupo Bico de Leite da Costa de Lugo e unha nai lactante.

A representante de Bico de Leite aproveitou a ocasión para informar que a asociación forma parte de Fedegalma, a Federación Galega de Asociacións de Apoio á Lactación Materna que  vai a realizar unha serie de actos pola semana mundial da lactación como a presentación do documental O Mellor de ti realizado por Nemedón, o conto Eu tamén son unha fonte con textos de Teresa Moure e Ilustracións de Leandro Lamas. Tamén presentarán un manual de extracción e conservación de leite materno.

Por outra banda, a asociación continúa coas xuntanzas de nais os últimos venres de cada mes no local da rúa Dr. García Portela 11 baixo ás 17:00 horas:
- venres 26 de setembro: A falta de leite. Respostas e solucións.
- venres 31 de outubro: Lactancia e sono
- venres 28 de novembro: Valoración do peso en bebés aleitados.

Noticias relacionadas