O Concello cambiará paquetes de tabaco por momentos de pracer

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo sumarase o día 31 ás celebracións do Día Mundial sen tabaco. Para elo, realizará unha nova actividade na que intercambiará cajetillas de tabaco por “seis momentos de pracer”. Os actos foron presentados esta mañá pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, acompañada do técnico do Servizo, Francisco Eiros.

Unha caixiña, cun deseño parecido ás de tabaco e con seis caramelos de pau fabricados con herbas aromáticas, será o pago que recibirán os que realicen este cambio.

Os membros do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias serán os encargados de incentivar aos lucenses a participar nesta celebración nunha mesa que estará situada na praza Maior, diante do Concello, entre as once e as dúas da tarde.

A Organización Mundial da Saúde dedica este ano a celebración á protección de espazos cen por cento libres de fume de tabaco.

Durante esta xornada repartirase tamén información sobre o tabaquismo, as súas consecuencias, enfermidades relacionadas e orientarase sobre os lugares onde se axuda na deshabituación.

Tamén poderán todos os que o desexen realizar cooximetrías e contestar a unha enquisa coa que se pretende establecer a opinión da maioría dos lucenses sobre este hábito e tamén sobre este primeiro ano e medio de posta en marcha da ley antitabaco.

Esta enquisa estará a cargo dos participantes no curso de formación de monitores para a prevención, que está a realizar o Concello de Lugo e que utilizarán esta actividade para as súas prácticas.

Segundo os datos que presentou a Concelleira, preto de 50 millóns de persoas morrerán proximamente a consecuencia do tabaco. En Lugo, explicaron os datos que se obtiveron no estudo realizado sobre consumo de drogodependencias entre a poboación de 10 a 18 anos da cidade. Os mozos inícianse no consumo con idades comprendidas entre os 12 e os 13 anos, mentres que as mozas faino entre os 14 e 15.

Outro dato significativo, pero a nivel de Galicia, é que o 25% dos mozos e mozas entre os 24 e 26 anos son fumadores habituais e o 4% ocasionais

Noticias relacionadas