O Concello busca cartel anunciador do MMXVI Arde Lvcvs, que terá lugar do 16 ao 19 de xuño

Carmen Basadre presentou este venres as bases para participar no concurso de deseño gráfico do cartel anunciador do Arde Lvcvs deste 2016, que por primeiro ano durará 4 días Todos os interesados poden presentar os seus traballos ata o 24 de febreiro na Casa da Xuventude. O gañador recibirá un premio de 1.000 euros

Venres, 05 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello busca cartel anunciador do MMXVI Arde Lvcvs, que terá lugar do 16 ao 19 de xuño

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este vernes no Salón de Comisións as bases do concurso de deseño gráfico para elexir o cartel do MMXVI Arde Lvcvs, que terá lugar do 16 ao 19 de xuño. Poderá concurrir toda a poboación, con traballos de formato A3 e técnica libre, que deberán ser presentados sobre soporte ríxido que facilite a súa exposición.

Tal e como anunciou a edil, “os deseños deberán reflexar o espíritu da festa Arde Lvcvs, facendo especial fincapé na reconstrucción histórica e na volta da cidade á época da súa fundación”.

Todos os interesados poden presentar dende hoxe e ata o 24 de febreiro os seus traballos na Casa da Xuventude, de xeito presencial de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30, ou ben por correo ordinario á rúa Xesús Bal e Gay s/n, 27002, Lugo.

Os traballos deberán ser presentados en sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha outra forma de identificación. Noutro sobre, que tamén levará escrito o lema, adxuntaranse os datos do autor. Nos carteis obligatoriamente ten que figurar o seguinte, Arde Lvvcs MMXVI, Festa de Interese Turístico Galego, a páxina web www.ardelucus.com, as datas de celebración e os logotipos das redes sociais facebook, twitter, instagram e youtube.

Por quinto ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que represente esta festa, que será premiada cun importe de 1.000 euros.

II Xogos Romanos

Carmen Basadre tamén presentou os II Xogos Romanos das Ciudades Augusteas de Gallaecia. Trátase dunha actividade dirixida aos alumnos dos centros educativos, xurdida dentro do marco de colaboración cultural entre Lugo e Braga e coa que se favorece o razoamento lóxico matemático, o afianzamento da concepción espacial e a introdución de conceptos como a identidade histórica e o patrimonio cultural dos participantes. Engloba tres xogos de taboleiro, o Ludus Latrunculorum: o xogo do soldato, o Merellus: o xogo do muíño e o Seega, dos que haberá competicións en Lugo entre os centros da cidade. O punto final será un torneo interurbano entre Lugo e Braga, que se celebrará na cidade luguesa no mes de maio.

Na pasada edición, participaron nestes xogos 8 centros escolares da cidade así como a entidade social ASPNAIS. 

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a presentación do concurso de deseño gráfico para elexir o cartel do MMXVI Arde Lvcvs | Descargar mp3

Máis info

  • Bases do concurso de deseño gráfico para elexir o cartel do MMXVI Arde Lvcvs|Descargar pdf

Noticias relacionadas