O Concello asina un convenio co IES Leiras Pulpeiro e o CEIP Casás para levar a cabo un proxecto de prevención de drogas

Xoves, 26 de abril de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O convenio estará en vigor dende este curso ata o ano 2015 para comprobar a repercusión dos cursos de prevención ao longo do tempo

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, o director do IES Leiras Pulpeiro, Íñigo Barreiro, e a directora do CEIP Casás, Aurora Rojas, asinaron un convenio para a realización dun traballo de prevención de xeito lonxitudinal e continuado ademais dun estudo da evolución do comportamento e actitude en relación coas drogas do alumnado.

Este convenio estará en vigor dende a data da súa sinatura ata o remate do período 2012-2015 para así darlle continuidade ó traballo iniciado neste curso 2011-2012. Así mesmo, sendo de interese do centro educativo o desenvolvemento das actividades de prevención de drogodependencias, formando parte do dito proxecto global toda a comunidade do centro.

Carmen Basadre destacou que se vai traballar conxuntamente de xeito continuado para a prevención das drogodependencias e a promoción da saúde no centro educativo implicando a todos os axentes que o compoñen, e especialmente co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Ademais de achegar os medios así como o persoal necesario e dispoñible para levar adiante dito proxecto, por un tempo de 2 cursos de xeito continuado.

O compromiso por parte do Concello implica poñer a disposición do centro, o persoal e os medios para desenvolver as sesións que forman parte do traballo co alumnado na aula, organizado por sesións dunha hora de duración, ao longo do curso, así como asesorar e colaborar co centro noutras actividades en relación co mesmo contido con outros grupos así como co profesorado e persoal do centro educativo. Os obxectivos que se perseguen son a promoción de estilos de vidas saudables, reducir a incidencia do tabaquismo, alcohol ou outras drogas, fomentar os seus niveis de confianza e autoestima, desenvolver habilidades de relación interpersoal e traballar sobre a capacitación para a toma de decisións e a solución de problemas, segundo explicou a Concelleira.

Datos resposta Xunta
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude tamén explicou que “chamoume moito a atención os datos que a Xunta deu sobre os pisos de acollida en Lugo, e que aparecen nos medios de comunicación, xa que o goberno autonómico non ten casas de acollida na cidade, a única que hai é do Concello”.

Basadre salientou que “xa ten mérito que veña a Xunta, despois de denegar numerosas subvencións, e que se apropie dos nosos datos e dun traballo e un esforzo que se fai dende o Concello de Lugo e da Casa da Muller.” Coa actual situación de recortes que se están a facerse nos servizos sociais, non hai mellores noticias e hai que apoderarse dos datos dos demais para dar noticias positivas, segundo a responsable da área de Benestar Social, ademais de que considerar “esa visita como unha falta de respecto institucional”.

Multimedia

Noticias relacionadas