O Concello apoia as mobilizacións veciñais contra o peche da gardaría do Sagrado Corazón

Luis Álvarez lembra os 9.000 millóns de euros que pagamos os cidadáns para rescatar Abanca e pregúntase de qué parte está o PP

Luns, 08 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente en funcións, Luis Álvarez, reiterou hoxe o apoio do Concello ós veciños e veciñas do Sagrado Corazón contra o peche da gardería do Sagrado Corazón que pretende pechar Afundación, a herdeira da obra social do que hoxe é Abanca.

Luis Álvarez lembrou que o Alcalde en funcións, José López Orozco, xa fixo público o seu apoio ás reivincidacións veciñais e dos pais e nais afectados polo anuncio do peche da gardería.

O Voceiro do Goberno local en funcións non só demandou que se manteña aberta a devandita escola de educación infantil, tamén chamou a atención sobre o feito de que se empregaron cuantiosos recursos públicos para rescatar a entidade financieira que controla Afundación.

“Recordar aquí os 9.000 millóns de euros cos que contribuimos os cidadáns, pagados polos veciños do Sagrado Corazón, da Piringalla, da Acea de Olga, de todos os barrios  e parroquias para rescatar esa entidade financieira”, destacou o Voceiro do Goberno local en funcións quen rexeitou o feito de que se pretenda plantexar o peche da gardería “por razóns puramente mercantilistas por parte dunha fundación que ten por obxectivo dar outro tipo de servizos á sociedade paralelos ó servizo bancario”.

Luis Álvarez expresou o seu desexo de que o Concello manteña ese apoio ás reivindicacións veciñais do Sagrado Corazón cando tome posesión a nova Corporación local. Neste sentido, lembrou a posición que mantivo o Partido Popular respecto do colexio do Sagrado Corazón e preguntouse “por qué non se explorou a posibilidade de que esas instalacións seguirán albergando un colexio?”.

Para o Voceiro do Goberno local en funcións a postura do Partido Popular faille un “pequeno servizo á cidade, xa que parece que está defendendo que o Concello sexa obrigado a comprar estas instalacións”.

Audios

Noticias relacionadas