A entidade local, xunto á provincial, a través do Plan Único, invisten 48.400 euros nestas tarefas, que teñen un prazo de execución de 2 meses

O Concello de Lugo acomete a día de hoxe as obras de pavimentación en distintos viais de Castelo, dado á súa antigüidade, ás filtracións de augas de choiva e ao incremento das cargas de tráfico ao que se viron sometidos nos últimos anos, a pesar do mantemento que realizou a brigada municipal.
A entidade local, xunto á provincial, a través do Plan Único, invisten 48.400 euros no asfaltado da vía que discorre paralela á estrada da Fonsagrada e no da pista que conduce ata a igrexa. No primeio vial tamén se colocará unha barreira de seguridade no terraplén existente nun dos laterais. As tarefas teñen un prazo de execución de 2 meses.
Con esta nova intervención de mellora, o Concello continúa apostando por mellorar as dotacións nas distintas zonas e barrios de Lugo, e por garantirlle aos veciños e veciñas servizos públicos de calidade, que faciliten o seu día a día.
Audio
- O edil Manuel Núñez sobre as obras dos viais en Castelo | Descargar mp3