Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello acondiciona dous viais en Castelo: o que discorre paralelo á estrada da Fonsagrada e o que conduce ata a igrexa

O Concello acondiciona dous viais en Castelo: o que discorre paralelo á estrada da Fonsagrada e o que conduce ata a igrexa

A entidade local, xunto á provincial, a través do Plan Único, invisten 48.400 euros nestas tarefas, que teñen un prazo de execución de 2 meses

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Martes, 28 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello acondiciona dous viais en Castelo: o que discorre paralelo á estrada da Fonsagrada e o que conduce ata a igrexa

O Concello de Lugo acomete a día de hoxe as obras de pavimentación en distintos viais de Castelo, dado á súa antigüidade, ás filtracións de augas de choiva e ao incremento das cargas de tráfico ao que se viron sometidos nos últimos anos, a pesar do mantemento que realizou a brigada municipal.

A entidade local, xunto á provincial, a través do Plan Único, invisten 48.400 euros no asfaltado da vía que discorre paralela á estrada da Fonsagrada e no da pista que conduce ata a igrexa. No primeio vial tamén se colocará unha barreira de seguridade no terraplén existente nun dos laterais. As tarefas teñen un prazo de execución de 2 meses.

Con esta nova intervención de mellora, o Concello continúa apostando por mellorar as dotacións nas distintas zonas e barrios de Lugo, e por garantirlle aos veciños e veciñas servizos públicos de calidade, que faciliten o seu día a día.

Audio

  • O edil Manuel Núñez sobre as obras dos viais en Castelo | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-acondiciona-dous-viais-en-castelo-o-que-discorre-paralelo-estrada-da-fonsagrada-e-o

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/280519_nunhezcastelo.mp3