O Concello acomete melloras no alumeado público do rural en resposta ás peticións dos veciños nos orzamentos participativos

Instala 9 puntos de luz na parroquia de Esperante por importe de preto de 7.000€ 

Xoves, 10 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello acomete melloras no alumeado público do rural en resposta ás peticións dos veciños nos orzamentos participativos

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou este xoves as obras que se están a levar a cabo para a instalación de 9 puntos de luz co fin de mellorar a iluminación pública no núcleo de Airexe, pertencente á parroquia de Esperante.

Deste xeito, o Concello inviste preto de 7.000 euros en realizar estas obras, que se suman a outras que xa se levan realizado coa finalidade de dotar de iluminación a distintas zonas de moito tránsito veciñal.

“Estas actuacións dan resposta ás peticións veciñais nos orzamentos participativos e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural, que representa o 80% do territorio do municipio, ademais de fixar poboación e mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños”, subliñou Fernández.

Noticias relacionadas