O CONCELLEIRO DE DEPORTES PRESENTA O TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE LUGO

Venres, 04 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, presentou o 20 trofeo de natación Cidade de Lugo que se vai disputar este sábado nas instalacións do Club Fluvial. O Concelleiro agradeceulle ó Club Fluvial a promoción que fai deste deporte.

Na presentación tamén participaron o presidente do Club Fluvial, Eduardo Núñez Torrón; o directivo José María Iglesias, e o director do trofeo Jaime López.

Haberá tres categorías: benxamín, alevín e infantil, nas modalidades masculina e feminina. Na de nenos as idades están comprendidas entre 9 e 16 anos e na de nenas de 9 a 14.

Nas categorías benxamín e alevín as probas serán de 50 metros nos estilos mariposa, espalda, braza e libres. E na categoría infantil serán de 100 metros tamén nos estilos mariposa, espalda, braza e libres.

A competición rematará cunha proba de relevos 6x50 metros libres, na que cada equipo participará cun nadador de cada unha das categorías.

Na competición van participar ao redor de 450 rapaces de toda Galicia e un equipo de Portugal. En total son 16 os clubs inscritos e haberá 75 nadadores do Club Fluvial de Lugo.

O trofeo desenvolverase en sesións de mañá e tarde. As probas comezarán ás 11.00 e pola tarde ás 16.30.

www.clubfluviallugo.com

 

Multimedia

Noticias relacionadas