O Centro Social Uxío Novoneyra acolle a Xornada da Muller Xitana: pasado, presente e futuro

Luns, 16 de marzo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, continúa cos actos do programa de celebración do Día Internacional das Mulleres organizado polo Concello de Lugo.  Os actos comezaron o pasado 6 de marzo coa entrega dos premios Entre Mulleres á judoka lucense Sara Álvarez e á teceira Carmen Rodríguez. O 8 de marzo celebrouse a VI Marcha pola igualdade dando dúas voltas ao adarve da Muralla e rematando cunha degustación de produtos de comercio xusto.

Para continuar co programa celébrase no Centro Social Uxío Novoneyra unha xornada titulada "Muller Xitana: pasado, presente e futuro" coa colaboración da Fundación Secretariado Xitano de Lugo. Nesta xornada as diferentes ponentes falarán da situación das mulleres de etnia xitana ao longo da historia.

Concepción Cortiñas Montoya presentará o seu relatorio O pasado da muller xitana; Ana María Barrul e Rebeca Florez Jiménez analizarán O presente da muller Xitana e Esther Hernández Escudero falará sobre O futuro da muller xitana.

Multimedia

Noticias relacionadas