O Centro de Convivencia de Fingoi fixo unha homenaxe a Valentín Paz Andrade a través dun recital de poemas

Mércores, 09 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, asistiu esta mañá ao recital de poemas de Valentín Paz Andrade, autor ao que se lle dedican este ano o Día das Letras Galegas, no Centro de Convivencia de Fingoi.

Esta actividade, organizada pola Axencia de Lectura deste centro social, contou con presenza de Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, responsable do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo e da Rede Museística Provincial introduciu ás lectoras na vida e obra do escritor-poeta-ensaista-xurista-político galeguista e empresario. Neste acto, continuación dos celebrados durante os dous últimos anos, participaron 11 persoas, empregando todas elas o seu mellor entusiasmo á hora da lectura.

Os obxectivos que se pretenden con esta actividade céntranse en contribuír ao achegamento das letras galegas a todos os sectores da sociedade a través dos fomento da participación veciñal e continuar co labor de que a biblioteca se converta nun espazo de encontro cultural.

O acto comezou cunha introdución ao contorno de Valentín Paz Andrade, que deu paso a unha lectura de poemas do escritor e rematou cun debate entre as persoas do público sobre a figura literaria do homenaxeado.

Multimedia

Noticias relacionadas