O Campus Lugobasquet 2011 celebrarase na cidade do 3 ao 9 de xullo

Venres, 24 de xuño de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o coordinador das actividades, Iván García, o Vicepresidente do Club Porta XI, Santiago Argüeso, e o Delegado da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Rozas, presentaron esta mañá o Campus Lugobasquet 2011 que terá lugar na cidade do 3 ao 9 de xullo.

O campus desenvolverase nas instalacións do Pazo Provincial dos Deportes e poderá optarse por dous tipos de inscrición: media pensión, en horario de 10.00 a 19.00 horas, e cun prezo de 90 euros; e pensión completa, que inclúe aloxamento na residencia LugII, o prezo neste caso é de 200 euros.

Segundo sinalou o coordinador das actividades, Iván García, polo momento hai 70 inscritos, e aínda se está a tempo de facer a inscrición.

Máis información e inscricións a través da páxina web: www.ensinolugo.com

Multimedia

Noticias relacionadas