O Campionato Provincial de Kárate infantil contará coa participación duns 200 deportistas

Xoves, 28 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e César Souto, membro do comité organizador, presentaron esta mañá o Campionato Provincial de Kárate Infantil que terá lugar o vindeiro domingo 31 de xaneiro.

Serán un total de 200 participantes os que compitan nas seguintes categorías:
- Benxamín (Masculina e feminina)
- Alevín (Masculina e feminina)
- Infantil (Masculina e feminina)
- Xuvenil (Masculina e feminina)

Na competición Individual participarán 16 clasificados de cada categoría, 12 de Lugo capital, 4 da zona da Mariña e Escolas de Chantada.

Na competición por equipos (compostos por tres karatecas cada un) participarán 195 deportistas tamén nas categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil.

A proba inclúe unha competición de Kumite Individual en categoría Xuvenil.

O campionato terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes a partir das 10:00 horas, a entrega de trofeos comezará ás 13:30 horas.

Multimedia

Noticias relacionadas