O Cafés Candelas Breogán súmase á celebración do XV Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Miguel Fernández acompañou este martes aos xogadores do Breogán que recorreron un tramo do adarve da Muralla

Martes, 01 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Cafés Candelas Breogán súmase á celebración do XV Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, acompañou este martes aos xogadores e directivos do club de baloncesto Breogán que homenaxearon á Muralla de Lugo no seu décimoquinto aniversario como Ben Mundial.

Fernández agradeceulle ao Breogán, “o club máis representativo da cidade no deporte de baloncesto” este xesto con Lugo.  Neste senso tamén tivo palabras de agradecemento para os xogadores e para os membros da directiva que se sumaron aos actos conmemorativos do  XV Aniversario da Muralla tras os exitosos actos organizados polo Concello para celebrar o 30 de novembro,  “o que amosa a importancia do que verdadeiramente é e reprenta para os lucenses a Muralla”.

O voceiro municipal aproveitou a ocasión para desexarlle ao club moitos éxitos así como a súa vontade de que o Breogán regrese este ano “a onde temos que estar, á ACB” e animou a todos os lucenses a acudir ao Pazo dos Deportes a respaldar a estre gran equipo.

Os deportistas recorreron un tramo do adarve da Muralla, o que constitúe o xeito de tributar o apoio do club a este monumento bimilenario. 

Multimedia

  • O Cafés Candelas Breogán súmase á celebración do XV Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Noticias relacionadas