- Tema
Xoves, 31 de xullo de 2008
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron na Casa do Concello ao presidente do club de montaña Mustallar, Juan Mosquera.
O equipo ven de realizar unha subida ao Monte Elbruz de 5.642 metros de altitud e situado na cordilleira do Cáucaso e que é o pico máis alto de Europa e a quinta cima máis alta do mundo.
O presidente do club entregou ao Alcalde unha réplica da maqueta da Muralla de Lugo que deixaron alí, unha tradición que se realiza habitualmente nesta montaña.
Pola súa banda o Alcalde entregou a Mosquera unha maqueta da cidade e agradeceulle que o seu equipo leve o nome de Lugo a lugares tan especiais como este.