O Alcalde propón a Lugo como impulsora de proxectos internacionais na loita contra as drogodependencias

Venres, 04 de abril de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, que participa estes días nun Encontro Internacional contra as drogas organizado dende a CICAD (Comisión Interamericana para o Control do Abuso de Drogas) en Santo Domingo, propuxo a posibilidade de que Lugo, que representa a España no Comité Executivo deste organismo internacional, lidere proxectos mundiais para a loita contra as dorogodependencias.

Ao longo destes 4 días que dura o Congreso, o Comité Executivo está a analizar a situación das drogodependencias en todo o mundo e os posibles métodos de tratamento e prevención. Para iso, conta co traballo e a opinión de máis de 250 profesionais chegados dende diferentes partes do mundo.

Na segunda xornada o Alcalde de Lugo propuxo á nosa cidade, como lider de proxectos internacionais na loita contra as drogas. Lugo está considerado como un referente en España polas campañas de prevención e información que se levan a cabo dende o Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias. De feito, este foi o motivo que fixo que o Plan Nacional de Drogas propuxese a Lugo como membro do Comité Executivo da CICAD no que só están Göteborg, Edimburgo, Santo Domingo e Montevideo.

Esta xornada rematou cunha recepción que ofreceu a Vicealcaldesa de Santo Domingo a todos os participantes no Foro. Neste acto o alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu, en nome dos alcaldes das 45 cidades pertencentes á Alianza de cidades no tratamento de drogas, un pergamino co título de visitante ilustre. López Orozco agradeceu a distinción en nome de todos os alcaldes e falou dos lazos de unión existentes entre España e América Latina e que hay que afianzar ainda máis para loitar unidos contra a droga e a favor dos drogodependentes.

Ademáis, o Alcalde de Lugo e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, foron recibidos polo novo embaixador de España na República Dominicana.

Este foro internacional é unha iniciativa de colaboración entre a Comisión Europea e a Comisión Interamericana para o control do abuso de drogas da Organización dos Estados Americanos (OEA).

Programa para o venres 4 de abril

A xornada do venres 4 de abril arrincará co relatorio maxistral Las artes, los deportes y las drogas ás 8:30 da mañá.

Na sesión plenaria os asistentes debatirán sobre as políticas públicas no tratamento, o uso de datos, información e as súas estratexias. A orde do día tamén inclúe a explicación das diferentes modalidades e as boas prácticas no tratamento das drogadicións, o tratamento e os grupos sociais de exclusión (inmigrantes, idade, xénero) e as alternativas ao encarcelamento.

Ás 11:45 está prevista unha reunión cos Alcaldes de todas as cidades presentes no Congreso, entre os que estará o mandatario lucense, José López Orozco. Nesta xuntanza na que tamén haberá responsables de sindicatos, intendentes e representantes nacionais de Drogas. Trataranse as políticas públicas no tratamento, o uso de datos, información e as súas estratexias. A orde do día tamén inclúe a explicación das diferentes modalidades e as boas prácticas no tratamento das drogadicións, o tratamento e os grupos sociais de exclusión (inmigrantes, idade, xénero) e as alternativas ao encarcelamento.

Estas xuntanzas continuarán pola tarde para continuar analizando as políticas, modalidades e protocolos de tratamento.

Sobre as 17:30 analizaranse os resultados acadados nestas xuntanzas e as 19:00 horas haberá unha recepción que clausurará definitivamente o foro por la presidencia da República Dominicana.

A Delegación lucense neste Congreso está encabezada polo Alcalde da cidade, a Concelleira de Muller e Servizos Xerais, responsable do Servizo de Drogodependencias de Lugo, Carlos Quintas, Responsable da área de Medicina preventiva, Víctor Fraga, Director do Centro Penitenciario de Monterroso, José Luis Conde Salgado, Fiscal Antidroga de Galicia, e o Xuiz, José Antonio Varela Agrelo.

Noticias relacionadas