O Alcalde de Lugo visita a III Fase das obras de accesibilidade no viario do concello

Mércores, 10 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e representantes de Auxilia, Cogami, a Fundación ONCE e o IMSERSO, visitaron as obras de accesibilidade no viario do concello da Fase III

O Concello de Lugo, o IMSERSO e a Fundación ONCE asinaron un Convenio no ano 2006 para levar a cabo esta fase das obras de accesibilidade que contaron cun investimento de 227.078,38 euros e foron contratadas á empresa Aberman Empresa Constructora, S.L.

Esta fase inclúe obras de:

-           Construción ou reforma de vados peonís nas súas diferentes tipoloxías.
-           Eliminación nas beirarrúas de obstáculos de pequena e gran entidade.
-           Eliminación de discontinuidades no pavimento en zonas peonís.
-           Ensanche de beirarrúas
-           Sinalización de pasos de peóns
-           Creación de aparcadoiros reservados.

As zonas que se tiveron en conta son:

-           Praza do Rei
-           Montero Ríos
-           Montirón
-           Rof Codina
-           Avda de Madrid
-           Ronda de Fingoi
-           Ronda Xosé Castiñeira
-           Cantigas e Frores
-           Estrada da Granxa
-           Alfonso X o Sabio
-           Avda de Magoi

Lugo accesible
O Concello de Lugo recibiu varios recoñecementos pola súa aposta cara a accesibilidade. No ano 2006 recibiu un galardón da asociación Unidade Provincial de Parapléxicos da Coruña o Premio Millenium século XX-XXI polo seu labor exemplar na eliminación de barreiras arquitectónicas, e tamén o Premio Reina Sofía de Accesibilidade

Esta Fase III de Accesibilidade, inclúe as melloras necesarias para suprimir as barreiras arquitectónicas existentes no viario da cidade de Lugo, atendendo ao disposto no Plan Especial para a Accesibilidade no Concello, que foi redactado en decembro de 1998, dacordo coa normativa vixente.

As obras realizadas foron avaliadas en marzo de 2008 por un técnico da Dirección de Accesibilidade da Fundación ONCE, informando positivamente sobre a execución.

Son intervencións que buscan a creación de itinerarios peonís en diferentes rúas do municipio eliminando barreiras físicas, e pretenden facilitar que o contorno urbano poda ser utilizado e disfrutado por toda a cidadanía.

Dende o ano 2005 o investimento na mellora da accesibilidade en Lugo superou o millón de euros, sendo na II Fase de 395.445,65 €.

Para o ano 2007 asinouse un convenio para que o IMSERSO e a ONCE aportasen 215.222,84 euros para a execución da IV Fase das obras de accesibilidade no viario. O custo total é de 241.823,42 euros (o Concello aporta 26.600,58 euros).

Nesta IV fase, que comezou no mes de xaneiro, estanse a levar a cabo obras nas seguintes rúas:

1.- Praza Conde de Fontao
2.- Escalinata da Estación
3.- Castelao
4.- Ronda do Carme
5.- Praza Fonte dos Ranchos
6.- Dr. X. Alonso Hortas
7.- Anduriñas
8.- Tui
9.- Serra Gañidoira
10.- Lamas de Prado
11.- Río Navia
12.- Camiño Real
13.- Conde
14.- Narciso Peinado
15.- Pintor Villamil
16.- Xulia Minguillón

Para o ano 2008 terá lugar a V fase e o custo total é de 212.239,20 euros

Noticias relacionadas