Nova incorporación de remanentes desde Alcaldía por valor de 10 millóns de euros para actuacións en barrios, o rural, deportes e servizos básicos durante este ano

A alcaldesa de Lugoamosa a súa satisfacción polo último paso que se da coa incorporación de crédito para finalizar o proxecto de humanización de Quiroga Ballesterose activar o repintado da sinalización horizontal

Lara Méndez anuncia que se investirán preto de 600.000 euros na mellor das infraestruturas para o rural e case un millón de euros en infraestruturas deportivas

Incorpóranse 250.000 euros para mellorar a accesibilidade en Conde Fontao eliminando o desnivel

Mércores, 18 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nova incorporación de remanentes desde Alcaldía por valor de 10 millóns de euros para actuacións en barrios, o rural, deportes e servizos básicos durante este ano

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe unha nova modificación de crédito de 10.544.527 euros a través do remanente de tesourería co fin de garantir a execución de aqueles gastos que permitan cubrir as necesidades dos servicios básicos e as actuacións máis urxentes para a veciñanza. Así o avanzou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen destacou que “o 70,6% corresponde a investimentos e o e o resto a gasto corrente e transferencias, polo que vai ter unha gran importancia no benestar dos e das lucenses”.

Será o cuarto suplemento de crédito que se aprobará neste ano, “por iso desde o inicio deste novo mandato falamos da necesidade de contar con estabilidade orzamentaria para desenvolver os proxectos, algúns deles importantes, nalgúns casos xa iniciados e cos permisos necesarios para a súa implementación comoa peonalización da Rúa Quiroga Ballesteros, onde se investirá máis dun millón de euros na súa humanización e peonalización”, o que permitirá dinamizar a actividade económica da Praza de Abastos e o casco histórico.

A rexedora tamén citou entre os proxectos xa avanzados o Plan de repintado da sinalización horizontal da cidade, orzamentado nun millón de euros. Estos son os proxectos con maior cuantía deste suplemento de crédito, e que desenvolverán desde a área de Infraestruturas.

Lara Méndez desgranou algúns dos proxectos importantes, no “que o rural se levará unha gran parte xa que desde a concellaría de Medio Rural investiremos medio millón de euros en mellorar a pavimentación dos camiños, aos que se sumará 76.000 euros para ampliar da rede de abastecemento en Orbazai”.

Sinalou tamén actuacións importantes na accesibilidade dos barrios, como eliminar o desnivel da escalinata de Conde Fontao. “Estudaremos cal é a mellor solución técnica para iso”, avanzou a alcaldesa. O investimento será de 250.000 euros e sumarase neste sentido xa feita do ascensor se Fontiñas ou oelevador que se está a executar no Sagrado Corazón.

Neste  impulso dos barrios, clave no modelo de cidade do Goberno de Lara Méndez, tamén se executarán melloras na Praza de Augas Férreas, cunha ampliación da zona de xogos e a instalación dunha cuberta para que os nenos e nenas o poidan utilizar máis horas, obra na que investirán de 200.000 euros, oua instalación en diversos puntos da cidade catro novos aseos autolimpiables.

A área de Deportes é tamén outra das que se impulsará para seguir potenciando o deporte base como instrumento de desenvolvemento persoal da infancia e xuventude e os hábitos de vida saudable dos e das lucenses. Os investimentos previstos son de medio millón de euros para renovar oscamposde fútbol das Gándaras I e II, 320.000 euros para cubrir as dúas pistas de tenis de Frigsa, accións moi demandadapolos usuarios, e 85.000 para crear unha pista de skate-park, das que se estánvalorando as posibles ubicacións.

Outros dos proxectos destaca dos é o impulso daestratexia ‘Lugo con Corazón’, ao que destinaremos 250.000 euros na compra de 73 desfibriladores que instalaremos nas dependencias municipais, o que, “como xa anunciamos, nos situará como a cidade más cardioprotexida do norte de España, con 1 desfibrilador por cada 1.342 habitantes, por riba da media de España, de 3 cada 10.000”. A alcaldesa anunciou que xa están os pregos de adxudicación para desenvolver este proxecto.

Ademais, activarase, xa no capítulo de gastos correntes, unha partida de 100.000 euros para proxectos de Medio Ambiente e outra de 100.000 para proxectos de Urbanismo, actuacións que xa definidas se “incorporarán nos orzamentos do ano que ven”. Tamén incorpórase unha partida para xestionar a ETAP e a EDAR de 608.485 euros, unha de 319.000 para a compra de 300 ordenadores para a implantación da E-Administración e 359.000 euros para melloras nos edificios municipais.

Nas áreas sociais, tamén en gastos correntes, se incorporarán  más de 67.000 euros para a xestión do Centro de Día Antonio Gando, 192.080 euros para animación dos centros socioculturais e 50.000 euros para accións en Igualdade de Xénero.

Audio

  • A alcadesa Lara Méndez, sobre a nova incorporación | Descargar mp3

Noticias relacionadas