A Alcaldesa, xunto á Concelleira de Benestar, inagurou o mercadiño, que organiza o Concello un ano máis en colaboración co tecido social do municipio
Estará aberto ata venres, na Praza Anxo Fernández Gómez, de 11:00 a 15:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, inaugurou este mércores unha nova edición do mercadiño solidario Diversiarte, que acolle a Praza Anxo Fernández Gómez ata venres, en horario de 11:00 a 15:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. No acto estiveron presentes outros membros da Corporación Municipal así como representantes dos 24 colectivos participantes.
Lara Méndez agradeceu a implicación no ámbito social de todos e cada un dos colectivos que traballan en favor dos dereitos das persoas e animou aos lucenses a realizar as súas ocmpras de Nadal neste mercadiño, onde se poden atopar todo tipo de obxectos realizados polos membros das asociacións.
Esta é unha consolidada iniciativa organizada polo Concello, en colaboración co tecido social da cidade, co obxecto de facer máis visible o traballo que realizan as entidades que participan. Nesta edición foi ASPNAIS a encargada de coordinar o mercadiño, que conta con 20 stands, e os seguintes colectivos: AFALU, Diabéticos Lucenses, Os Pinchacarneiros, San Vicente de Paúl, AGAL, Síndrome Wolf, FEAFES, Alume, COGAMI, Down, Raiolas, AECC; Alusor, Alufi, ONCE, Auxilia, Aspnais, Fademga, Alcer, Asorlu, Aspace, Bonhomía, APALU e ADACE.
Pola súa banda, a Fundación ANADE de novo levará a cabo estes mesmo tres días unha exposicións de pinturas ao Edificio de Novas Tecnoloxías, así como a exhibición de películas, o xoves e venres, de 11:00 a 13:00 horas. As proxeccións son as seguintes:
- Xoves, de 11:00 a 13:00 horas. Colores, Símbolo, Máis ca vida, Cazatalentos e Fuerza
- Xoves, de 17:30 a 20:00 horas. Cisco 2020, Un juego llamado esperanza e La barbería
- Venres, de 11:00 a 13:00 horas. Cisco 2020, Un juego llamado esperanza e La barbería
- Venres, de 17:30 ás 20:00 horas. Colores, Símbolo, Máis ca vida, Cazatalentos e Fuerza