Muller e Xuventude convidan a tirar ao lixo as violencias machistas invisibles e sutís

Sábado, 05 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Muller e Xuventude convidan a tirar ao lixo as violencias machistas invisibles e sutís

As áreas de Muller e Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, continúan coa campaña de igualdade temática do 25N, neste caso cunha campaña formativa e de sensibilización contra a violencia de xénero, dirixida á mocidade, que fai fincapé nas violencias invisibles e sutís; segundo a pirámide da violencia machista.

A  loita contra as Violencias Machistas. No que vai de ano, 42 mulleres asasinadas, que é cúspide da pirámide machista, reflexionou Ana Abelleira, quen fixo fincapé en que traballar no ataque das racíes da violencia machista, primeiro é ter conciencia de que o machismo está instaurado na sociedade, manifestándose de xeito invisible en moitísimas ocasións e mostrando as diversas violencias machistas. Está presente en todos os ámbitos do sistema. É importante saber  identificar estas conductas invisibilizadas para borrar cada peldaño que sustenta a cultura patriarcal e incidir na prevención, na educación e na sensibilización dende idades temperás. A loita contra as violencias machistas é misión de todas e todos nós.

A campaña, que conta coa colaboración da área de Medio Ambiente, consiste en colocar 2.000 pegatinas nas papeleiras públicas da cidade, cada unha cunha mensaxe de depositar na propia papeleira estas formas sutís de violencia machista acompañadas dun hastag: humillación, desprezo, chantaxe emocional, micromachismos, humor sexista, publicidade sexista, linguaxe sexista, anulación, control, invisibilidade, ignorancia, culpabilidade e desvalorización.  Con esta proposta invítase a acabar con estas formas do machismo, tirándoo simbolicamente ao lixo. Dita acción comezouse polas zonas máis transitadas polos mozos e mozas e pola cidadanía en xeral, facendo fincapé na Avenida da Coruña, Avenida de Madrid, Bispo Aguirre, Ramón Ferreiro, casco histórico, Montero Ríos, Fontiñas, Praza Fonte dos Ranchos, Praza de Augas Férreas, Praza da Milagrosa, Parque de Frigsa e Paseo fluvial do MIño.

A campaña realízase dado que son preocupantes as actitudes que teñen os mozos e mozas, xa que normalizan o control e a violencia cara as mulleres, sobre todo normalizan as violencias invisibles.

Audio

  • A edil de Muller e Xuventude, Ana Abelleira, sobre a campaña das violencias machistas | Descargar mp3

Noticias relacionadas