Miguel Fernández entrega os trofeos aos gañadores do Corre con Nós nas categorías de adultos

A última proba da 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós tivo lugar este domingo no Complexo Deportivo de Frigsa cun recorrido de 5,5 quilómetros

Domingo, 05 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández entrega os trofeos aos gañadores do Corre con Nós nas categorías de adultos

A última proba do Corre Con Nós nas categorías de adultos celebrouse este domingo no Complexo Deportivo de Frigsa e tivo un recorrido de 5,5 quilómetros. Tratouse da sexta carreira popular e a final para os adultos, enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós.

Ao finalizar a proba, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, entregoulles os trofeos aos gañadores desta edición, correspondentes aos tres primeiros clasificados de cada categoría, dos absolutos e dos equipos masculinos, femininos e mixtos. Tamén se lles entregou a todos os participantes un vale para recoller a camiseta oficial do Corre Con Nós, que lles entregarán no Centro Comercial As Termas.

Corre con Nós enmárcase na nosa aposta por fomentar actividades físicas deportivas así como no noso compromiso co deporte, en todas as modalidades e para todas as idades”, subliñou Fernández, ao tempo que fixo fincapé no elevado número de participantes que unha vez máis concentrou o Corre con Nós, que engloba tanto afeccionados ao atletismo como deportistas profesionais, “o que da conta do éxito desta proba que está xa máis que consolidada”.

Multimedia

  • Miguel Fernández entrega os trofeos aos gañadores do Corre con Nós nas categorías de adultos
  • Miguel Fernández entrega os trofeos aos gañadores do Corre con Nós nas categorías de adultos

Noticias relacionadas