Miguel Fernández e Pablo Rivera reciben aos 176 participantes da Volta ás Comarcas 2017 á súa chegada a Lugo

Domingo, 28 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández e Pablo Rivera recibe n  aos 176 participantes da Volta ás Comarcas 2017 á súa chegada a Lugo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera  recibiron  aos 176 participantes da Volta ás Comarcas 2017, Desafío Volta Lugo, este domingo á súa chegada ao Pazo dos Deportes da capital luguesa, logo de completar tres etapas nas que percorreron 13 Concellos da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, O Cádavo, Castroverde, O Corgo, Láncara e Guntín.  Deputación e Concello colabor aron  coa celebración desta cita co obxectivo de promover a actividade deportiva e o turismo.

Noticias relacionadas