Miguel Fernández e Pablo Rivera entregan os premios da V Travesía a Nado Cidade de Lugo

Sábado, 22 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández e Pablo Rivera entregan os premios da V Travesía a Nado Cidade de Lugo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural , Miguel Fernández , e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, entregaron este sábado os premios da V Travesía a Nado do Miño Cidade de Lugo que se celebrou nas instalacións dos Robles.

Na proba deportiva participaron máis de 200 nadadores, sendo esta unha cifra récord na historia desta travesía enmarcada dentro do circuíto galego de augas abertas.

Entre eles, campións de España e Portugal en categorías Junior e Absoluta, o que lle confiriu á proba maior prestixio a nivel nacional.

Noticias relacionadas