Miguel Fernández acada o compromiso da Xunta para desbloquear a costrución do novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O alcalde recibiu a confirmación por parte do Conselleiro de Sanidade de que o Goberno autonómico asumirá a totalidade dos terreos do antiguo colexio para edificar o novo punto de atención primaria y proxectar novos equpamentos de carácter sociosanitario.

O rexedor destaca que a Xunta sexa por fin receptiva ao acordo plenario de todos os grupos para executar máis infraestruturas nunha parcela que é a única de uso dotacional do barrio.

“Estamo satisfeitos xa que esta decisión implica cumprir cunha vella demandas que desde hai anos reclamamos tanto o Goberno local, como os colectivos profesionais, a  veciñanza do barrio e o tecido asociativo da cidade”, sinalou.

“Amosamos toda a nosa vontade de colaborar para que se poida dar resposta ás demandas presentes e futuras dunha zona que está chamada a transformarse coa entrada en funcionamento da estación Intermodal”, remarcou.

Venres, 30 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández acada o compromiso da Xunta para desbloquear a costrución do novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo esta mañá unha reunión co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para definir os pasos a seguir na construción do futuro centro de saúde do Sagrado Corazón, unha vez que o Concello de Lugo está en disposición de ceder os terreos ao ente autonómico tras avanzar na permuta de parcelas coa Fundación Abanca, propietaria deste terreo do antigo colexio do Sagrado Corazón, que é ademais á única parcela reservada a usos dotacionais.

Durante o encontro, Fernández recibiu a confirmación por parte do Conselleiro de Sanidade de que o Goberno autonómico asumirá a totalidade dos terreos do antiguo colexio para edificar o novo punto de atención primaria y proxectar novos equipamentos de carácter sociosanitario. “Estamo satisfeitos xa que esta decisión implica cumprir unha vella demanda que desde hai anos reclamamos tanto desde o Goberno local, os colectivos profesionais, a  veciñanza do barrio  e o tecido asociativo da cidade ”, sinalou.

O rexedor municipal, que estivo acompañado polo director xeral de Urbanismo e varios técnicos municipais asegurou que “por fin a Xunta de Galicia é receptiva non só aos acordos plenarios de todos os grupos políticos que integramos a corporación para executar máis infraestruturas dotacionais no Sagrado Corazón, senón ás demandas e reivindicacións dos veciños e veciñas deste barrio de Lugo, que está chamado a transformarse nun futuro moi próximo coa entrada en funcionamento da Intermodal”.

Fernández fixo fincapé na proxección deste barrio e afirmou que é necesario que as adminsitracións se adianten para planificar e permitir  un desenvolvemento óptimo dunha franxa urbana cun enorme potencial. “Tendo en conta  a previsión de crecemento que vai experimentar a zona, insistimos tanto na necesidade de que a Xunta non só constrúa o novo e imprescindible centro de saúde, senón que achegue outras infraestruturas públicas, que só pode acoller este terreo. Por outra banda, amosamos toda a nosa vontade de colaborar na medida das nosas posibilidades para que se poida dar resposta ás demandas presentes e futuras dun barrio que está chamada a transformarse coa entrada en funcionamento da estación Intermodal”, proseguíu.

Ademais,  o rexedor mostrouse satisfeito polo cambio de rumbo do Goberno Autonómico. “Nas previsións iniciais a Xunta se plantexaba actuar unicamente nos 1.500 metros cadrados para a construción do centro de saúde, e considero que gracias á presión deste Concello e da veciñanza do barrio, conseguimos ese compromiso para intervir na parcela total de 5.700 metros cadrados, e garantir ás dotacións que o barrio leva anos reclamando”.

Para Miguel Fernández “non podemos perder de vista a transformación que van experimentar barrios como o Sagrado Corazón, pero tamén As Gándaras e Paradai, coa posta en funcionamento da Estación Intermodal e a creación dese paso de cidade que conectará todo este ámbito urbano. Por iso temos que ir máis aló; cara a ese modelo de cidade aberta e feita para as persoas, e incorporar nesta parcela do barrio, as infraestruturas de servizos públicos que reclaman os seus residentes. Só desta forma contribuiremos á supervivencia e revalorización destes barrios”.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o compromiso da Xunta para desbloquear a costrución do novo centro de saúde do Sagrado Corazón | Descargar mp3

Multimedia

  • Miguel Fernández acada o compromiso da Xunta para desbloquear a costrución do novo centro de saúde do Sagrado Corazón
  • Miguel Fernández acada o compromiso da Xunta para desbloquear a costrución do novo centro de saúde do Sagrado Corazón
  • Miguel Fernández acada o compromiso da Xunta para desbloquear a costrución do novo centro de saúde do Sagrado Corazón

Noticias relacionadas