Méndez incidiu na necesidade de remover conciencias ante a trata e a prostitución, “expresións da violencia exercida contra a muller”

A alcaldesa presentou coa Asociación Penitenciaria Concepción Arenal a 36 edición das Xornadas Penitencias Lucenses, que se centrarán na ‘Abolicion da esclavitude do s. XXI”.

As relatoras das ponencias, que se desenvolverán os días 26 e 26 de setembro, serán a xurista Paula Fraga e Amelia Tiganus, activistas referentes na loita polo dereitos da muller.

Mércores, 21 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Méndez incidiu na necesidade de remover conciencias ante a trata e a prostitución, “expresións da violencia exercida contra a muller”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou hoxe na presentación da 36 edición das Xornadas Penitencias Lucenses, organizadas pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, “e consolidadas como unha cita imprescindible en Lugo para afondar nos debates sociais sobre o avance en dereitos humanos e que, nesta ocasión, se centran na trata de mulleres co fins de explotación sexual e a prostitución”.

Neste senso, a rexedora lembrou que en Galicia, o 90% das mulleres prostituídas son inmigrantes, a maioría das cales están en situación administrativa irregular, e que a trata está no terceiro lugar entre os negocios ilícitos máis lucrativos, despois do tráfico de drogas e de armas.

Esta é, dixo, “unha manifestación máis da situación de desigualdade e de indefensión na que se atopan as mulleres e que constitúe unha clara expresión da violencia exercida contra nós”.

Méndez aplaudiu á Asociación Penintenciaria Concepción Arenal tanto pola elección da temática, tan de actualidade, como das ponentes, a xurista Paula Fraga, “que coñecemos ben porque a ela lle entregamos o premio municipal Entre Mulleres no 2019 para recoñecerlle a súa traxectoria en favor dos dereitos das mulleres e, especialmente, polo seu empeño en conseguir a abolición da prostitución”, e Amelia Tiganus, “vítima da trata e da prostitución, que pode contar en primeira persoa a crueldade e os danos que causa a explotación sexual das mulleres”.

“Ambas as dúas son referentes activistas e cunha larga traxectoria de compromiso e loita feminista, dignas sucesoras de grandes mulleres que as precederon para acadar e garantir os dereitos que hoxe gozamos”. Elas, sostivo a rexedora, “nos axudará a remover conciencias contra estas lacras”.  

A alcaldesa estivo acompañada na presentación pola presidenta e vicepresidenta da Asociación Penintenciaria Concepción Arenal, Elvira Paloma Fernández e Ana Belén Traseira, así por membros da directiva, que explicaron o programa e que agradeceron a colaboración do Concello de Lugo poder sacar adiante unha xornada cunha temática moi de actualidade, a todo o mundo a participar nas mesmas.

Programación 36 edición das Xornadas Penitencias Lucenses “Abolicion da esclavitude do s XXI’, que se organizarán na Deputación os días 26 e 27 de setembro: 

Día  26 de setembro, luns

19,00 horas. 

        ◦ Inauguración:  Lara Méndez López.  Alcaldesa de Lugo.

            ▪ Entrega medallas  Concepción Arenal Lugo.

19,30 horas.  Relatorio: “A escravitude do século XXI,: trata de seres humanos con fins de explotación sexual”.

Relator: Amelia Tiganus, conferenciante  e formadora;  autora de “A Revolta das Putas. De vítima a activista”

Modera: Sonia Aparicio Vidales. Xefa da Brigada Provincial de Estranxeiría da Policía Nacional en Lugo. 

Día  27 de setembro, martes

19,30 horas.   Relatorio:  “A prostitución: estratexias de lexitimación. a abolición e a protección integral das vítimas”.

Relator: Paula Fraga Arias, xurista, activista, escritora e articulista; coautora de “DEBATE PROSTITUCIÓN: 18 voces abolicionistas”.

Modera: Ana Belén Traseira. Directora da UNED en Lugo. 

Clausura: José Tomé Roca. Presidente  da Deputación Provincial de Lugo.

Audio

  • Lara Méndez, sobre as Xornadas Penitencias Lucenses | Descargar mp3
 

Multimedia

  • Méndez incidiu na necesidade de remover conciencias ante a trata e a prostitución, “expresións da violencia exercida contra a muller”

Noticias relacionadas