Medio Rural mellorará o firme das estradas que unen a LU- 612 con Argonde e en Santa Eufemia, parroquia de Calde

A Xunta de Goberno Local adxudicaba esta mañá os contratos para acometer as obras, que terán un custo conxunto de 64.000 euros

Na sesión desta semana o executivo autorizaba tamén a concesión de catro licenzas para diferentes intervencións urbanísticas no termo municipal

Mércores, 01 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural mellorará o firme das estradas que unen a LU- 612 con Argonde e en Santa Eufemia, parroquia de Calde

Medio Rural investirá 64.000 euros na rexeneración do firme de dúas estradas municipio, en Santa Eufemia (parroquia de Calde) e a que une a LU – 612 con Argonde (parroquia de San Xoan de Campo). Dúas intervencións ás que se destinarán 8.308’87 € e 55.478`50 €, respectivamente, e que hoxe foron adxudicadas en Xunta de Goberno. Ámbalas dúas obras, que comezarán de inmediato, teñen un prazo de execución dun mes.

O edil responsable de área, Miguel Fernández, anunciou alén que estes días concluíron os traballos de acondicionamento da LU-234 ao limite do concello con Outeiro de Rei, parroquia de Bocamaos, aos que se destinaron 19.220’85 € e tamén en Esperante, que dispuxeron dun orzamento de 78.208’35 €. Neste caso, os traballos consistiron no arranxo e limpeza de cunetas, o aglomerado en quente da vía, o pintado das beiras e a construción de bases de colectores e a instalación de sinalización tanto vertical como horizontal.

“Actuacións, todas elas, coas que o goberno de Lara Méndez pretende mellorar a calidade de vida da veciñanza do rural, dotándoa de infraestruturas modernas e axeitadas que garantan a seguridade viaria nos seus desprazamentos”, indicou o concelleiro.

Por outra banda, na sesión celebrada esta mañá o executivo local procedeu, tamén, a autorizar a apertura do procedemento de contratación para a explotación, por un período dun ano, prorrogable por outros catro, do servizo da cafetería anexa á piscina municipal cuberta de “As Pedreiras”, por un canon de 450 euros ao mes (5.400 € anuais). Ademais acordouse a prórroga, por un ano, do servizo de vixilancia no Centro Social e Cultural do Vello Cárcere, cun custo de 50.824’66 euros.

Igualmente, foron outorgadas catro licenzas urbanísticas para acometer diferentes proxectos no municipio. Entre eles a reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa Mariscal Pardo de Cela, a rehabilitación dunha edificación tradicional no núcleo rural de Fornelo (San Xoán do Alto) e as outras dúas para a instalación de ascensores en sendos inmobles de Doutor Gasalla e Serra de Outes.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre a Xunta de Goberno Local | Descargar mp3

Multimedia

  • Medio Rural mellorará o firme das estradas que unen a LU- 612 con Argonde e en Santa Eufemia, parroquia de Calde
  • Medio Rural mellorará o firme das estradas que unen a LU- 612 con Argonde e en Santa Eufemia, parroquia de Calde
  • Medio Rural mellorará o firme das estradas que unen a LU- 612 con Argonde e en Santa Eufemia, parroquia de Calde
  • Medio Rural mellorará o firme das estradas que unen a LU- 612 con Argonde e en Santa Eufemia, parroquia de Calde

Noticias relacionadas