Medio Rural mellora o firme do Camiño do Souto que comunica a Garaballa de Abaixo con Albeiros

Mércores, 03 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural mellora o firme do Camiño do Souto que comunica a Garaballa de Abaixo con Albeiros

O Tenente de Alcaldesa e concelleiro da Área de Cohesión Territorial, Miguel Fernández, supervisaba as tarefas de mellora do firme do Camiño do Souto que comunica a Garaballa de Abaixo con Albeiros.

Estas obras están sendo realizadas polo propio persoal do Parque Móbil do Concello cunha pala e un camión, e consisten na limpeza do firme co estendido dunha capa de zahorra.

Coas intervencións, Fernández sinalaba que se cumpre coa demanda trasladada polos veciños e veciñas apuntando que, “o traballo do Concello no arranxo de camiños é constante”.

Noticias relacionadas