Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Rural mellora o firme do Camiño do Souto que comunica a Garaballa de Abaixo con Albeiros

Medio Rural mellora o firme do Camiño do Souto que comunica a Garaballa de Abaixo con Albeiros

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural,
    • Medio ambiente,
    • Urbanismo
Mércores, 03 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural mellora o firme do Camiño do Souto que comunica a Garaballa de Abaixo con Albeiros

O Tenente de Alcaldesa e concelleiro da Área de Cohesión Territorial, Miguel Fernández, supervisaba as tarefas de mellora do firme do Camiño do Souto que comunica a Garaballa de Abaixo con Albeiros.

Estas obras están sendo realizadas polo propio persoal do Parque Móbil do Concello cunha pala e un camión, e consisten na limpeza do firme co estendido dunha capa de zahorra.

Coas intervencións, Fernández sinalaba que se cumpre coa demanda trasladada polos veciños e veciñas apuntando que, “o traballo do Concello no arranxo de camiños é constante”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-rural-mellora-o-firme-do-camino-do-souto-que-comunica-garaballa-de-abaixo-con-albeiros