
A concellería de Medio Ambiente procedía a retirar esta mañá a maleza que dificultaba a mobilidade nas rúas Virxe dos Ollos Grandes e Tres Marías, continuando así co plan de desbroce que, nas últimas xornadas se centrou en acondicionar a contorna das Gándaras para dar resposta á queixa traslada, en días pasados, pola veciñanza deste barrio.
O edil responsable, Álvaro Santos explicaba que nas labores de limpeza, que continuarán mañá nesta mesma parte da capital, participan operarios e maquinaria do servizo de limpeza que, a vindeira semana, se trasladarán á zona de Fingoi e Aceña de Olga.
“Ata o momento a brigada leva saneado as vías de Albeiros, Infanta Helena, Avenida Adolfo Suárez, Rúa Primavera, Paseo do Miño e contornas do Pazo de Feiras e Congresos, do estadio Anxo Carro, do Colexio Rosalía de Castro, Parque de Frigsa, Depósitos da Auga do Ceao, a antiga Edar e a Croa. O noso obxectivo é estender a toda a cidade esta campaña de limpeza, dando un servizo público, moi estimado pola cidadanía, coa máxima eficacia e dilixencia”, indicou Santos Ramos.
As actuacións se enmarcan dentro dunha planificación anual de roza dentro da que a concellería de Medio Ambiente programa as sucesivas intervencións para atender as necesidades de tódolos barrios do concello.