Mauricio Repetto pon en valor o papel do deporte feminino como motor de cambio cara a igualdade nun acto oficial a ‘As Leoas’

Xoves, 21 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Mauricio Repetto pon en valor o papel do deporte feminino como motor de cambio cara a igualdade nun acto oficial a ‘As Leoas’

O concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto puxo en valor o papel do deporte feminino como motor de cambio cara a igualdade e “como referentes para moitas mozas e mozos”, esta tarde, nun acto oficial, á selección española feminina de rugby ‘As Leoas’, que nestes días está realizar unha concentración na cidade.

O edil, quen desculpou a ausencia da rexedora lucense, Lara Méndez, entregou varios agasallos institucionais ás deportistas e ao corpo técnico, aproveitando o encontro para dárllela benvida á cidade, e desexarlles unha moi boa estancia na capital ademais de moita sorte para a xira por Sudáfrica, na que se enfrontaran co potente combinado do país, as Springbooks.

O combinado está a adestrar no campo de rugby das Pedreiras, recentemente acondicionado pola área municipal de Deportes, “unhas instalacións nas que o Concello investiu 39.000 euros euros e que sitúan a Lugo como municipio de referencia no panorama nacional deste deporte”, explicou o edil ao tempo que lembrou que con esta, son tres as dotacións públicas ao servizo das e dos afeccionados lucenses ao rugby, xunto á ubicada ao carón dos Xulgados e o campo de fútbol de Nadela.

Na recepción, celebrada hoxe, participaron o seu adestrador, Jose Garcia; Carlos Benito de Valle, analista de vídeo, Nacho San Andrés e Manuel de la Sota, fisioterapeutas; María Casado, preparadora física; Cristina Iglesias, Manager e Mario Iglesias, Médico da selección ademais de Fernando Núñez Carballo, Noe López Montes, Manuel Miranda Pena e Isabel Móyer Bretón, en representación do Club Muralla Rugby.

Multimedia

  • Mauricio Repetto pon en valor o papel do deporte feminino como motor de cambio cara a igualdade nun acto oficial a ‘As Leoas’

Noticias relacionadas