Mañá remata o I Campus Fútbol Sala Lugo

Xoves, 04 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, comunica que este viernes rematarán as actividades do I Campus Fútbol Sala Lugo, que se veu celebrando no Polideportivo do Palomar.

A clausura desta actividade, que contou coa asistencia de medio cento de participantes, terá lugar mañá, ás 18.15 horas, no Palomar.

Este I Campus foi organizado polo Club Lugo Sala, que contou para levalo a cabo coa colaboración da área de Deportes do Concello.

Noticias relacionadas