Ferreiro: "Os contratos de casetas e caldeiros podense prorrogar este ano 2025 e tivemos o primeiro contacto para que as festas sexan un éxito en todos os aspectos".
“O polbo é dun principais atractivos do San Froilán que son as Grandes Festas do Outono Galego”, indicou a edil de Cultura do concello de Lugo.

A concelleira responsable das festas do San Froilán de Lugo, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza coas persoas que levan, ata agora, a concesión das casetas e dos caldeiros do polbo instalados na zona do parque durante as festas de San Froilán. Ferreiro sinalou que "os lugares previstos para as casetas e caldeiros do polbo eran catro pero xa levamos anos en que o concello saca este cuarto espazo a concurso sen que ninguen se presente".
Na xuntanza trataronse aspectos como o prezo de produtos básicos, regulado polo concello de Lugo, con prezos públicos establecidos ata agora de: ración 250 gr. de pulpo a 14 euros, ración 200 gr. de pan a 1,50 €, a ración 200 gr. de "cachelos", 2 euros e 3/4 de litro de viño de mesa, 6 €. A edil Maite Ferreiro explicou que "os contratos de casetas e caldeiros podense prorrogar este ano 2025 e tivemos o primeiro contacto para que as festas sexan un éxito en todos os aspectos".
Ata o momento son tres os caldeiros e casetas que se instalán nas festas e situanse nas costas do Parque de Rosalia de Castro, baixo a supervisión do concello e cargo de Aurora do Carballiño, Ramiro López e Nadela. Estes espazos non só ofrecen racións de polbo á feira, permiten gozar doutros produtos típicos da gastronomía galega, como os cachelos, que acompañan ao polbo, ou os viños galegos ademais de postres e outras viandas.
Audio
- A concelleira responsable das festas do San Froilán de Lugo, Maite Ferreiro, sobre as casetas do polbo | Descargar mp3


