Máis de 60 atletas participarán no Duatlón Escolar de Lugo 2010

Venres, 26 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Carlos Lorenzo, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e Miguel Fernández de Fefeme Triatlón, presentaron esta mañá o Duatlón Escolar de Lugo 2010 que terá lugar o vindeiro domingo 28 de marzo no Parque da Milagrosa.

O Concelleiro resaltou que “será unha oportunidade para poder disfrutar dos que van a ser os valores do duatlón e do triatlón lucense do futuro”.

Participarán uns 60 rapaces e rapazas das categorías alevín, infantil e cadete que realizarán as seguintes probas:
- Alevín: 1 quilómetro a pé, 4 quilómetros en bicicleta e 0´5 quilómetros de carreira a pé.
- Infantil: 1´5 quilómetros de carreira a pé, 6 quilómetros en bicicleta e 0´75 quilómetros de carreira a pé.
- Cadete: 2 quilómetros de carreira a pé, 8 quilómetros en bicicleta e 1 quilómetro a pé.

A recollida de dorsais terá lugar ao carón dos boxes desde 45 minutos antes do comezo de cada proba ata 10 minutos antes da saída.

Os tres primeiros de cada categoría recibirán unha medalla.

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 09/10 que edita a Secretaría Xeral para o deporte.

Multimedia

Noticias relacionadas