Máis de 3.500 persoas beneficiáronse en xullo dos prezos establecidos polo Concello e a Deputación nas piscinas dos Robles

Martes, 05 de agosto de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Máis de 3.500 persoas beneficiáronse en xullo dos prezos populares que o Concello de Lugo e a Deputación Provincial ofrecen nas piscinas dos Robles. As cantidades populares, idénticas ás que se aplican nas piscinas cubertas de Frigsa, contribuíron a que unha media de 110 persoas diarias se acheguen ao complexo.

Os prezos populares, que se viron reducidos case á metade en relación con outros anos, sitúanse agora no euro para os cativos de menos de 6 anos e en 2,20 euros para adultos.

A área de lecer conta con 3 socorristas, ademais dos servizos de seguridade e limpeza, que foron custeados con preto de 43.000 euros polo Concello de Lugo e a Deputación Provincial.

Durante agosto, o complexo seguirá aberto en horario de 12:00 a 21:00 horas.

Multimedia

Noticias relacionadas