Mais de 200 inscritos na I Carreira Popular ‘Correndo polo Rural’ na parroquia de Santa Maria de Coeses

Os participantes poderán recoller o dorsal na zona na Casa Veciñal de Coeses, en horario de 16:00 a 17:00.

Ao finalizar as probas terá lugar a cerimonia de entrega de trofeos e medallas que, darán paso a unha merenda para todos e todas as participantes.

Repetto, cualificou de “éxito total” a acollida desta primeira edición e o edil de Medio Rural, expresou tamén a súa satisfacción e o desexo de “consolidar o evento”.

Venres, 14 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Mais de 200 inscritos na I Carreira Popular ‘Correndo polo Rural’ na parroquia de Santa Maria de Coeses

A primeira edición da Carreira Popular ‘Correndo polo Rural’, coordinada polas concellerías de Medio Rural e Deportes, reunirá a mais de 200 atletas de todas as idades na parroquia de Santa María de Coeses.

Neste senso, o concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, cualificou de “éxito total” a acollida desta primeira edición, onde se vivirá no día de mañá “un gran ambiente deportivo” e cuxa participación “superou con fartura as expectativas marcadas”.

O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, expresou tamén a súa satisfacción e o desexo de “consolidar o evento no tempo pois transmite valores fundamentais como a importancia da actividade física e o fomento de todos os beneficios e servizos do rural”.

Os participantes poderán recoller o dorsal na zona na Casa Veciñal de Coeses en horario de 16:00h a 17:00h, a partires dese momento colocaranse na liña de saída segundo a categoria nos seguintes horarios:

17:00h CATEGORIA MINI: 400 mt (nados en 2016 – 2017 – 2018)

https://ccnorte.com/evento/racemapp/ide/2538

17:10 h CATEGORIA SUB10 – SUB12: 1500 MT (nados entre 2012 e 2015)

https://racemapp.com/percorrido/1009-sub12sub10

17:20 CATEGORIA SUB 14 – SUB 16 : 2100 MT (nados entre 2008 e 2011)

https://racemapp.com/percorrido/1008-coeses-correndo-polo-rural-sub16sub14

17:30 CATEGORIA ADULTOS : 5600 MT nados en 2007 e anteriores

https://racemapp.com/percorrido/1007-coeses-correndo-polo-rural-absoluta

Ao finalizar as probas terá lugar a cerimonia de entrega de trofeos e medallas para as categorías menores, absolutas e veteranas que, darán paso a unha merenda para todos e todas as participantes.

Noticias relacionadas