Máis de 20 actividades deportivas terán lugar durante o San Froilán

Mércores, 26 de setembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe o programa de actividades deportivas que haberá durante o San Froilán na cidade e que comezan esta fin de semana co XVI Open San Froilán de billar a tres bandas. O domingo, día 30 de setembro, terá lugar a XI Marcha cicloturista BTT que sairá da Piscina municipal Frigsa ás 10.00 e ten prevista a chegada para as 13.30.

Díaz Grandío, explicou que “o deporte sempre formou parte do San Froilán e este ano están programadas 20 actividades deportivas nas que está prevista a participación de 3.000 deportistas o que tamén suporá unha boa contribución a que haxa moito ambiente na cidade”.

XIII Marcha Cicloturista BTT “San Froilán”

O responsable da área de deportes tamén informou da tradicional Marcha Cicloturista BTT San Froilán organizado polo Club Ciclista Correcamiños Lugo e no que colabora o Concello e que celebran a súa décima terceira edición. O éxito de asistencia repítese este ano xa que as prazas que había para participar esgotáronse en pouco máis dunha semana. A ruta comezará ás 09:00 dende a Piscina Municipal de Frigsa, e os participantes percorrerán 54 km por camiños e sendeiros do Concello de Lugo, que os propios membros do Clube Ciclista Correcamiños sinalizaron para que todos os participantes poidan desfrutar da natureza. A partir das 08:00 horas xa se poderán recoller os dorsais, e ao finalizar a proba terá lugar unha comida.

Toda a información sobre as festas do San Froilán en
www.sanfroilan.info

Multimedia

Noticias relacionadas