Lugo10 pon en marcha a campaña "Os de Lugo somos así"

Venres, 17 de setembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Lugo 10 pon en marcha unha campaña co lema “Os de Lugo somos así”, que rematará o 30 de novembro, co peche do programa conmemorativo do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial.

Mensaxes que describen aspectos da cidade e do xeito de ser dos lucenses: somos hospitalarios, amigos dos nosos amigos, encántanos as tapas, desfrutar das festas, temos un patrimonio marabilloso e unha historia cun valor incalculable, góstanos a natureza, o deporte…todas esas ideas conclúen no slogan: Os de Lugo somos así.

A campaña difundirase a través de 18 mupis, 1.400 carteis, nos medios de comunicación, internet e as redes sociais. E tamén se verá en Santiago de Compostela xa que Lugo 10 chegou a un acordo co Concello compostelán que cederá as pantallas que ten na Praza de Galicia e na Porta Faxeira, na entrada da Alameda, para proxectar un spot de Lugo10 ata finais de novembro. A través deste medio, Lugo e os seus atractivos chegarán ós numerosos visitantes que recibe Santiago neste Ano Santo.

www.lugo10.es

 

Multimedia

Noticias relacionadas